Menú
¡Llama gratis! 900 264 357

Oposición Auxiliares admninstrativos xunta de galicia del centro ACADEMIA SAN MAMED

Programa de Oposición Auxiliares admninstrativos xunta de galicia

Modalidad: Presencial
Localización: Orense/Ourense

Temario

FASES DE LA OPOSICIÓN

Exame   Proba    Descrición

1  CUESTIONARIO 80 PREGUNTAS TIPO TEST DURACIÓN MÁX. 100 MIN

2  PROBA PRACTICA CON 20 PREGUNTAS TIPO TEST DURACIÓN MÁX. 40 MIN

3   TRADUCIÓN TEXTO CASTELÁN-GALEGO E GALEGO-CASTELÁN DURACIÓN MÁX. 60 MIN

 PROGRAMA

?A Constitución española de 1978: estrutura e contido. Os valores superiores. Os principios constitucionais. Dereitos fundamentais e liberdades públicas. Dereitos e deberes dos cidadáns. Garantías e tutela dos dereitos e liberdades. A súa suspensión.

A Coroa. Sucesión e rexencia. As atribucións do rei. As Cortes Xerais. O Congreso dos Deputados e o Senado. Composición e funcións. O control parlamentario do Goberno en España.

O Goberno. A súa composición. Nomeamento e cesamento. As funcións do Goberno. O presidente do Goberno. Os ministros. A Administración pública. Principios constitucionais informadores da organización e da actuación da Administración. Actividade administrativa e actividade política. Goberno e Administración.

A Administración xeral do Estado. A súa organización. Órganos superiores e órganos directivos. A Administración periférica do Estado. Os delegados do Goberno nas comunidades autónomas. Os subdelegados do goberno nas provincias. Os organismos públicos do Estado. As sociedades e fundacións. As corporacións de dereito público.

A distribución territorial do poder do Estado. A súa regulación na Constitución de 1978. Os estatutos de autonomía. As competencias das comunidades autónomas. A modificación extraestatutaria das competencias autonómicas: leis marco, de transferencia e delegación e de harmonización. A reserva de competencias ao Estado: normativa básica; a atribución estatutaria de competencias e a cláusula de peche do artigo 149.3.

A autonomía galega. Orixe e evolución. O Estatuto de autonomía de Galicia. Estrutura e contido. A reforma do estatuto.

Bases fundamentais da autonomía galega: o territorio. Os símbolos. A lingua e a cultura galegas. O recoñecemento da galeguidade. A condición de galego. Os dereitos dos cidadáns galegos: garantías. Os dereitos lingu?.sticos dos cidadáns galegos.

Organización política da Comunidade Autónoma de Galicia. As institucións de autogoberno de Galicia. Descrición. Sede. A Administración de Xustiza en Galicia.

As competencias da Comunidade Autónoma de Galicia no Estatuto de autonomía: exclusivas, concorrentes e de execución da lexislación do Estado.

A Administración xeral da Comunidade Autónoma galega. A súa organización. As entidades instrumentais do sector público autonómico. As delegacións de Galicia no exterior.

O ordenamento xurídico de Galicia: leis de Galicia. Decretos lexislativos. Regulamentos. O réxime xurídico do exercicio das competencias autonómicas. Aplicación do dereito galego.

Os dereitos dos cidadáns na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Atención ao cidadá da Comunidade Autónoma de Galicia. A transparencia na actividade administrativa.

O acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos. Normativa de aplicación na Comunidade Autónoma de Galicia. Sede electrónica. Identificación e autentificación. Rexistros, comunicacións e notificacións electrónicas. A xestión electrónica dos procedementos.

A protección de datos de carácter persoal. Normativa reguladora. Principios informadores e dereitos das persoas en materia de protección de datos.

O acto administrativo: concepto e clases. Elementos do acto administrativo: suxeito, obxecto, causa, fin e forma. Notificación e publicación dos actos administrativos. A eficacia do acto administrativo: principios xerais. Executividade e suspensión. Procedementos de execución.

O procedemento administrativo: concepto e natureza. A Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común: ámbito de aplicación. Principios informadores.

Fases do procedemento administrativo: iniciación, ordenación, instrución e terminación. Os recursos administrativos: concepto e clases.

Os contratos do sector público. Normativa vixente. Obxecto e ámbito de aplicación. Clases de contratos e regulación. Disposicións xerais sobre a contratación do sector público.

Emprego público. Clases de persoal ao servizo da Xunta de Galicia. Adquisición e perda da relación de servizo. Réxime disciplinario. Situacións administrativas. Dereitos e deberes dos funcionarios públicos.

Persoal laboral. O convenio colectivo único do persoal laboral da Xunta de Galicia.

Políticas públicas para a Igualdade de xénero. Disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade. Políticas contra a violencia de xénero. A Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero.

Discapacidade. A definición de discapacidade segundo a Organización Mundial da Saúde. Real decreto lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social: consideración de persoa con discapacidade e dereitos. A normativa reguladora do procedemento para o recoñecemento, declaración e cualificación do grao de discapacidade.

A Unión Europea. Natureza, principios, obxectivos e fins. Nacemento e fases da súa evolución. Os tratados orixinarios e de modificación. O dereito derivado.

As institucións da Unión Europea: o Parlamento, o Consello Europeo, o Consello e a Comisión. Outras institucións.

O orzamento da Comunidade Autónoma de Galicia: concepto e natureza. Contido. Estrutura. Elaboración. Aprobación.

O procedemento de execución orzamentaria. Fases. O control orzamentario. Concepto.Natureza e ámbito de aplicación. Clases.

Os tributos propios da Comunidade Autónoma de Galicia. As taxas: natureza; normas básicas do seu réxime xurídico; principais supostos. Os prezos públicos.

O contrato de traballo. Concepto. Natureza. Suxeitos. Forma. Contido e réxime xurídico. Modificación, suspensión e extinción do contrato de traballo. Modalidades do contrato de traballo. A duración do contrato de traballo.

O sistema de Seguridade Social: estrutura e ámbito. Réxime xeral e réximes especiais da Seguridade Social. Afiliación. Altas e baixas; procedemento e efectos. Cotización.

A acción protectora. As continxencias protexidas: cadro xeral. Prestacións. As prestacións non contributivas da Seguridade Social: finalidade e clases. Invalidez non contributiva: requisitos e procedemento para a súa obtención. Xubilación non contributiva.

Información Adicional

PARA SEREN ADMITIDAS/OS AO PROCESO SELECTIVO AS/OS ASPIRANTES DEBERÁN POSUÍR NO DÍA DE FINALIZACIÓN DO PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES E MANTER ATA O MOMENTO DA TOMA DE POSESIÓN COMO FUNCIONARIAS/OS DE CARREIRA OS SEGUINTES REQUISITOS:

NACIONALIDADE:

a) Ter a nacionalidade española.

b) Ser nacional dalgún dos estados membros da Unión Europea.

c) Ser nacional dalgún Estado en que, en virtude dos tratados internacionais subscritos pola Unión Europea e ratificados por España, lles sexa aplicable a libre circulación de traballadoras/ es.

d) Tamén poderán participar, calquera que sexa a súa nacionalidade, os cónxuxes dos españois e dos nacionais doutros estados membros da Unión Europea, sempre que non estean separados de dereito. Nas mesmas condicións poderán participar as/os seus descendentes e as/os do seu cónxuxe sempre que non estean separados de dereito, sexan menores de vinte e un anos ou maiores da dita idade dependentes.

IDADE:

Ter feitos os dezaseis anos e non exceder, de ser o caso, a idade máxima de xubilación forzosa.

TITULACIÓN:

Estar en posesión ou en condición de obter o título de graduada/o en educación secundaria obrigatoria (Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación), graduada/o en educación secundaria (Lei 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo), graduada/o escolar ou técnica/o auxiliar (Lei 14/1970, do 4 de agosto, xeral de educación e financiamento da reforma I.2.4. Capacidade funcional: posuír as capacidades e aptitudes físicas e psíquicas que sexan necesarias para o desempeño das correspondentes funcións ou tarefas.

HABILITACIÓN:

Non ter sido separado/a mediante expediente disciplinario do servizo de ningunha Administración pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin atoparse na situación de inhabilitación absoluta ou especial para o desempeño de empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, cando se trate de acceder ao corpo ou escala de persoal funcionario do cal a persoa foi separada ou inhabilitada. educativa) ou bacharelato elemental (plan 1957).

Contacta ahora con el centro

Junglebox S.L. (Responsable) tratará tus datos personales con la finalidad de gestionar el envío de solicitudes de información requeridas y el envío de comunicaciones promocionales sobre formación, derivadas de tu consentimiento. Podrás ejercer tus derechos de acceso, supresión rectificación, limitación, portabilidad y otros derechos, según lo indicado en nuestra P. de Privacidad​