Menú
¡Llama gratis! 900 264 357

Grao en Interpretación del centro Escuela Superior de Arte Dramático (ESAD) de Galicia

Programa de Grao en Interpretación

Modalidad: Presencial
Localización: Pontevedra

Descripción

TITULACIÓN SUPERIOR EN INTERPRETACIÓN

A Titulación Superior en Arte Dramática na especialidade de Interpretación, equivalente a todos os efectos á titulación de Grao Universitario, está orientada, segundo o Decreto 179/2015, ao desenvolvemento das seguintes competencias:

  • Dominar os recursos expresivos necesarios para o desenvolvemento de procesos de interpretación, actuación e representación, no ámbito escénico e audiovisual.
  • Participar na creación da partitura escénica e/ou do personaxe, escénico ou audiovisual, e interpretalo adecuadamente, a través do dominio das diferentes técnicas interpretativas.
  • Integrar e interactuar coas restantes linguaxes e códigos que conforman o espectáculo escénico ou audiovisual.
  • Planificar e desenvolver programas de educación e animación teatral.
  • Concibir e fundamentar o proceso creativo persoal, tanto no que se refire ás metodoloxías de traballo como á renovación estética.
  • Estudar o feito escénico a partir de diferentes métodos e coñecer aspectos básicos na investigación escénica.

Temario

PLAN DE ESTUDOS

O Plan de Estudos da Titulación Superior en Arte Dramática na especialidade de Interpretación aparece recollido no Decreto 179/2015 (DOG do 7 de decembro de 2015), e o seu desenvolvemento reflíctese nas programacións docentes de cada unha das materias que o integran, segundo se presenta na correspondente táboa.


1 CURSO

Interpretación I

Interpretación II

Dicción e expresión oral I

Dicción e expresión oral II

Movemento expresivo I

Movemento expresivo II

Danza I

Danza II

Teoría e análise dramática

Linguaxe musical I

Linguaxe musical II

Literatura dramática I


2 CURSO


Interpretación III

Interpretación IV

Teorías do espectáculo I

Teorías do espectáculo II

Técnica vocal I

Técnica vocal II

Expresión corporal I

Expresión corporal II

Teoría e historia da arte I

Teoría e historia da arte II

Canto I

Canto II

Literatura dramática II

Literatura dramática III


3 CURSO


Deseño do personaxe I

Deseño do personaxe II

Dramaturxia I

Dramaturxia II

Historia das artes do espectáculo I

Historia das artes do espectáculo II

Adestramento vocal I

Adestramento vocal II

Iniciación á coreografía I

Iniciación á coreografía II


4 CURSO


Produción e xestión

Escenificación

Pedagoxía teatral I

Pedagoxía teatral II

Introdución á investigación escénica I

Introdución á investigación escénica II

Análise de espectáculos

Información Adicional

Titulación

A Escola Superior de Arte Dramática de Galicia, centro de ensino público dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, ofrece as ensinanzas oficiais de Arte Dramática reguladas na Lei Orgánica de Educación (LOE) e no Real Decreto 630/2010, que conducen á obtención do Título Superior en Arte Dramática, equivalente a todos os efectos ao título universitario de Grao. Na Comunidade Autónoma de Galicia as ensinanzas están reguladas polo Decreto 179/2015 (Diario Oficial de Galicia do 7 de decembro de 2015) e pola Orde do 21 de novembro de 2016 (DOG do 1 de decembro de 2016).

As ensinanzas superiores de Arte Dramática son ensinanzas oficiais, que se cursan en modalidade presencial, normalmente en horario de mañá, de 8:30 a 15:00. Na ESADg ofrécense as tres especialidades establecidas na lexislación vixente: Dirección escénica e dramaturxia, Escenografía e Interpretación.

O Título Superior en Arte Dramática organízase en catro cursos académicos nos que se cursan un total de 240 ECTS (60 ECTS por curso), e cada especialidade contempla os itinerarios que en cada caso se indican entre paréntese. O plan de estudos e as programacións docentes de cada disciplina aparecen recollidos nestes enlaces:

Dirección escénica e dramaturxia

Escenografía

Interpretación

Saídas profesionais

ESPECIALIDADE DE DIRECCIÓN ESCÉNICA E DRAMATURXIA

Creación e/ou dirección de espectáculos en todas as artes escénicas: teatro, danza, ópera, circo, ballet, presentacións e accións escénicas.

Creación e/ou dirección no audiovisual: cine, radio, televisión, vídeo, publicidade e outros medios.

Creación e adaptación de textos e outros materiais para a creación escénica, audiovisual e de animación.

Dirección e asesoría en repertorios, selección de persoal e programación escénica; dirección de teatros e auditorios.

Dirección e asesoría en proxectos de ocio e entretemento. Produción e xestión teatral e/ou audiovisual.

Docencia teatral e investigación no eido das artes escénicas.

ESPECIALIDADE DE ESCENOGRAFÍA

Deseño de espazos escénicos, iluminación, caracterización, indumentaria e publicidade para todo tipo de espectáculos, escénicos e audiovisuais.

Deseño para cine, televisión, publicidade, animación e videoxogos.

Deseño e coordinación de actividades diversas en museos, exposicións, instalacións, escaparates, interiores ou parques temáticos. Transformación artística de todo tipo de espazos.

Xestión e produción teatral, e dirección de actividades e proxectos vinculados coas artes plásticas e as artes da imaxe.

Docencia teatral e investigación en programas vinculados coas artes escénicas e coas artes en xeral.

ESPECIALIDADE DE INTERPRETACIÓN

Interpretación en teatro, noutras artes escénicas, e en todo tipo de actos recreativos, sociais e culturais.

Interpretación en cine, televisión, radio, publicidade e dobraxe.

Dirección, presentación e condución de eventos, programas e actividades en diferentes medios.

Xestión e produción teatral. Coordinación e realización de programas de animación sociocultural e teatral, actividades recreativas e de tempo libre.

Docencia teatral e investigación nas artes escénicas.

Contacta ahora con el centro

Junglebox S.L. (Responsable) tratará tus datos personales con la finalidad de gestionar el envío de solicitudes de información requeridas y el envío de comunicaciones promocionales sobre formación, derivadas de tu consentimiento. Podrás ejercer tus derechos de acceso, supresión rectificación, limitación, portabilidad y otros derechos, según lo indicado en nuestra P. de Privacidad​