Familia: Química
Nome ciclo: Química ambiental
Grao: Superior
Horas: 1400
Que se aprende a facer?
Organizar e xestionar os medios e medidas de protección ambiental. Inspeccionar e controlar instalacións para prevención e conservación do ambiente, analizar as mostras de afluentes e efluentes e propor e establecer as medidas correctoras necesarias.
Onde se realiza o traballo?
Medio ambiente ligado á produción, depuración e control de calidade de contaminantes.
En que postos de traballo?
Analista de auga en laboratorios. Encargado de recuperación en industrias papeleiras. Seguridade ambiental en fabricación.
Cales son os módulos deste ciclo?
Módulos Horas
Control de emisións á atmosfera 110
Control de residuos 130
Depuración de augas 240
Formación e orientación laboral 55
Formación en centros de traballo 440
Horas á disposición do centro 50
Organización e xestión da protección ambiental 130
Proxecto integrado 80
Relacións no contorno de traballo 55
Seguridade química e hixiene industrial 110
Que título se obtén?
Técnico superior en química ambiental.
A que outros estudos se pode acceder?
Acceso directo aos estudos universitarios de grao e a outro ciclo formativo de grao superior.