Familia: Industrias alimentarias
Nome ciclo: Procesos e calidade na industria alimentaria
Grao: Superior
Horas: 2000
Que se aprende a facer?
A competencia xeral deste título consiste en organizar e controlar os procesos de elaboración de produtos alimentarios programando e supervisando as operacións e os recursos materiais e humanos necesarios, aplicando os plans de produción, calidade, seguridade alimentaria, prevención de riscos laborais e protección ambiental, de acordo coa lexislación.
Onde se realiza o traballo?
As persoas con este perfil profesional exercen a súa actividade en empresas pequenas, medianas ou grandes da industria alimentaria integradas nun equipo de traballo onde realizan tarefas de xestión da produción, organización e control, nas áreas funcionais de loxística, investigación e desenvolvemento, calidade, seguridade alimentaria, prevención de riscos laborais e protección ambiental. Actúan como mandos intermedios baixo a supervisión de persoal responsable técnico de nivel superior, aínda que en pequenas empresas dispoñen dun maior grao de autonomía, e poden asumir labores de xestión e dirección de empresa.
En que postos de traballo?
Xefe/a de liña, de planta de fabricación, de sección ou de almacén, xefe de quenda, supervisor/ora de equipamentos, procesos e produtos, encargado/a de produción, encargado/a de elaboración de novos produtos e desenvolvemento de procesos, técnico/a en análise de alimentos, técnico/a en análise sensorial, técnico/a en laboratorio de control de calidade, inspector/ora ou auditor/ora de calidade, encargado/a da xestión da seguridade alimentaria, encargado/a de aprovisionamentos, encargado/a da liña de envasamento e embalaxe, encargado/a de control ambiental e seguridade laboral, técnico/a comercial.
Cales son os módulos deste ciclo?
Módulos Horas
Análise de alimentos 160
Biotecnoloxía alimentaria 107
Comercialización e loxística na industria alimentaria 123
Control microbiolóxico e sensorial dos alimentos 70
Empresa e iniciativa emprendedora 53
Formación e orientación laboral 107
Formación en centros de traballo 384
Innovación alimentaria 79
Mantemento electromecánico en industrias de proceso 133
Nutrición e seguridade alimentaria 107
Organización da produción alimentaria 107
Procesos integrados na industria alimentaria 87
Proxecto en procesos e calidade na industria alimentaria 26
Tecnoloxía alimentaria 210
Tratamentos de preparación e conservación dos alimentos 160
Xestión de calidade e ambiental na industria alimentaria 87
Que título se obtén?
Técnico superior en procesos e calidade na industria alimentaria
A que outros estudos se pode acceder?
Acceso directo a calquera estudo universitario de grao e a calquera outro ciclo formativo de grao superior.