Familia: Hostalaría e turismo
Nome ciclo: Axencias de viaxes e xestión de eventos
Grao: Superior
Horas: 2000
Que se aprende a facer?
Programar e realizar viaxes combinadas e calquera tipo de eventos, e vender servizos tu-rísticos en axencias de viaxes e a través doutras unidades de distribución, propondo ac-cións para o desenvolvemento dos seus programas de márketing e asegurando a satisfac-ción da clientela.
Onde se realiza o traballo?
No sector turístico, no subsector das axencias de viaxes polo miúdo, por xunto e mixtas, así como nas axencias especializadas en recepción e eventos. Trátase de traballadores e traballadoras por conta propia que xestionan a súa propia axencia de viaxes ou eventos, ou por conta allea que exercen a súa actividade profesional como empregados/as ou xefes/as de oficina ou de departamento, nas áreas funcionais de administración, de reservas, de produto, e de venda de servizos e produtos turísticos e eventos.
En que postos de traballo?
Xefe/a de oficina de axencia de viaxes, xefe/a de departamento en axencia de viaxes, axente de viaxes, consultor/ora de viaxes, organizador/ora de eventos, vendedor/ora de servizos de viaxe e viaxes programadas, promotor/ora comercial de viaxes e servizos turís-ticos, empregado/a do departamento de reservas (“booking”).
Cales son os módulos deste ciclo?
Módulos Horas
Destinos turísticos 213
Dirección de entidades de intermediación turística 87
Empresa e iniciativa emprendedora 53
Estrutura do mercado turístico 133
Formación e orientación laboral 107
Formación en centros de traballo 384
Inglés 160
Márketing turístico 160
Protocolo e relacións públicas 105
Proxecto de axencias de viaxes e xestión de eventos 26
Recursos turísticos 187
Segunda lingua estranxeira 157
Venda de servizos turísticos 123
Xestión de produtos turísticos 105
Que título se obtén?
Técnico superior en axencias de viaxes e xestión de eventos
A que outros estudos se pode acceder?
Acceso directo aos estudos universitarios de grao e a outro ciclo formativo de grao superior.