Familia: Informática e comunicacións
Nome ciclo: Sistemas microinformáticos e redes
Grao: Medio
Horas: 2000
Que se aprende a facer?
Instalar, configurar e manter sistemas microinformáticos, illados ou en rede, así como redes locais en pequenos contornos, asegurando a súa funcionalidade e aplicando os protocolos establecidos de calidade, seguridade e respecto polo medio.
Onde se realiza o traballo?
En empresas do sector de servizos dedicadas á comercialización, á montaxe e á reparación de equipamentos, redes e servizos microinformáticos en xeral, como parte do soporte informático da organización, ou en entidades de calquera tamaño e calquera sector produtivo que utilicen sistemas microinformáticos e redes de datos para a súa xestión.
En que postos de traballo?
Técnico/a instaladora/a ou reparador/a de equipamentos informáticos. Técnico/a de soporte informático. Técnico/a de redes de datos. Reparador/a de periféricos de sistemas microinformáticos. Comercial de microinformática. Operador/a de teleasistencia. Operador/a de sistemas.
Cales son os módulos deste ciclo?
Módulos Horas
Aplicacións ofimáticas 240
Aplicacións web 123
Empresa e iniciativa emprendedora 53
Formación e orientación laboral 107
Formación en centros de traballo 410
Montaxe e mantemento de equipamentos 240
Redes locais 213
Seguridade informática 140
Servizos en rede 157
Sistemas operativos en rede 157
Sistemas operativos monoposto 160
Que título se obtén?
Técnico en sistemas microinformáticos e redes.
A que outros estudos se pode acceder?
Acceso directo ao bacharelato e a calquera outro ciclo formativo de grao medio e, mediante proba, aos ciclos de grao superior.